Como unir Debian a Active Directory

Boas xente, neste artigo vou amosar como unir unha máquina GNU/Linux, específicamente unha Debian, a un entorno de Active Directory. Seino, seino, Active Directory (AD) é unha ferramenta comercial do malvado Microsoft, mais por moito que nos pese, é a solución de directorio mais usada do mercado. Sen embargo, non por ter un entorno de Microsoft temos que usar Windows, inda que iso é o que lles gustaría. [Leer máis]
linux  gnu  ad  debian 

Que demo pasa co meu DNS? Descubrindo e configurando demos de rede

Boas xente, hoxe veño a falar dun problema que me teño atopado en varias ocasións. O tema é que configuro o equipo para usar un servidor DNS concreto, incluíndo este no /etc/resolv.conf, e dalí a un anaco me atopo que este se borrou e se volveu ao servidor DNS anterior. Neste artigo vou ver porque acontece e quen me está tocando o /etc/resolv.conf e como solucionalo. Este artigo vai dirixido a entornos onde se usa a consola, xa que cando temos unha interface gráfica, polo xeral nas opcións de rede podemos poñer o DNS que queiramos sen problema ningún. [Leer máis]