Como Converterse En Hacker


Eric Steven Raymond

Boas xente.

Este post é unha tradución do How To Become A Hacker de Eric Steven Raymond, publicado orixinariamente no 2001 (a última actualización a día de hoxe fíxose no 2020).

Eric Raymond, autor de grandes pezas como The Cathedral & the Bazaar ou The Art of Unix Programming , amósanos neste icónico texto o que é un hacker, cal é a súa filosofía e os valores que defende, así como a actitude e coñecementos que se precisan para ser un deles. Definitivamente unha peza atemporal da cultura hacker que merece ser homenaxeada.

Agardamos que vos guste.

Táboa de contidos

./glider.png

Por que este documento?

Como editor do Jargon File e autor doutros poucos coñecidos documentos de natureza similar, a miúdo recibo emails de novatos entusiastas da rede preguntando (en efecto) "como podo aprender a ser un hacker maxistral?". En 1996 decateime de que non parecía haber outros FAQs ou documentos web que resolvesen esta cuestión vital, polo que fixen este. Moitos hackers considérano agora definitivo, e imaxino que iso significa que o é. Inda así, non pretendo ser a autoridade exclusiva neste tema; polo que si non che gusta o que lees aquí, escribe o teu.

Se estás lendo unha copia deste documento offline, a versión actual atópase en https://hackliza.gal/posts/como_converterse_en_hacker/.

Nota: Hai unha lista de preguntas frecuentes ao final deste documento. Por favor, leas –dúas veces– antes de escribirme calquera pregunta sobre este documento.

Hai moitas traducións deste documento dispoñibles: árabe, bielorruso, búlgaro, chinés, checo, danés, holandés, estonio, francés, alemán, grego, húngaro, italiano, hebreo, xaponés, lituano, noruegués, persa, polaco, portugués (brasileiro), romanés, español, turco e sueco. Ten en conta que dado que este documento cambia ocasionalmente, pode que estean desactualizados en diferentes graos.

O diagrama de cinco puntos en nove cadrados que decora este documento chámase glider. É un patrón sinxelo con algunhas propiedades sorprendentes nunha simulación matemática chamada Life que fascinou aos hackers durante moitos anos. Creo que é un bo emblema visual de como son os hackers — abstracto, ao principio un pouco misterioso, pero unha porta de entrada a un mundo enteiro cunha intrincada lóxica propia. Le máis información sobre o emblema do glider aquí.

Se consideras que este documento é valioso, podes apoiar ao seu creador (Eric Steven Raymond) en Patreon ou SubscribeStar. E considera tamén apoiar a outros hackers que produciron código que utilizas e valoras a través de Loadsharers. Moitas doazóns pequenas pero continuas súmanse rapidamente e poden liberar ás persoas que che deron agasallos do seu traballo para crear cousas de máis valor.

Que é un hacker?

O Jargon File contén un montón de definicións do termo 'hacker', a maioría teñen que ver con habilidade técnica e desfrutar resolvendo problemas e superando límites. Sen embargo, se queres saber como converterte en hacker, só dous son relevantes.

Existe unha comunidade, unha cultura compartida, de programadores expertos e magos das redes que remonta a súa historia ata os primeiros miniordenadores de tempo-compartido e experimentos de ARPAnet. Os membros desta cultura crearon o termo 'hacker'. Os hackers crearon Internet. Os hackers fixeron do sistema operativo Unix o que é hoxe en día. Os hackers fixeron o traballo da World Wide Web. Se es parte desta cultura, se contribuiches a ela e outra xente sabe quen es e chámate hacker, es un hacker.

A mentalidade hacker non está limitada a esta cultura do hacker de software. Hai xente que aplica a actitude hacker a outras cousas, como á electrónica ou música — de feito, podes atopalos nas categorías máis elevadas da ciencia e a arte. Os hackers do software recoñecen a estes espíritos afíns noutras partes e pódenlles chamar hackers tamén — e algúns afirman que a natureza hacker é independente do ámbito particular no que traballe un hacker. Pero no resto deste documento centrarémonos nas habilidades e actitudes dos hackers de software, e as tradicións da cultura compartida que orixinaron o termo 'hacker'.

Existe outro grupo de xente que ruidosamente se chaman hackers a si mesmos, pero non o son. Esta é xente (maioritariamente homes adolescentes) que se divirte colándose en ordenadores e aproveitándose do sistema telefónico. Os verdadeiros hackers chaman a esta xente 'crackers' e non teñen nada que ver con eles. Os verdadeiros hackers pensan que os crackers son preguiceiros, irresponsábels, e non moi brillantes e alegan que ser capaz de romper a seguridade non che fai un hacker máis do que ser capaz de pontear coches che fai ser un enxeñeiro automobilístico. Desafortunadamente, moitos xornalistas e escritores foron enganados para usar a palabra 'hacker' para describir ós crackers; isto irrita infinitamente aos hackers.

A diferencia fundamental é esta: os hackers crean cousas, os crackers rómpenas.

Se queres ser un hacker, segue lendo. Se queres ser un cracker, vai ler o grupo de novas alt.2600 e prepárate para facer de cinco a dez anos no cárcere despois de descubrir que non es tan listo como ti crías E iso é todo o que vou dicir sobre os crackers.

./glider.png

A actitude hacker

  1. O mundo está cheo de problemas fascinantes esperando a ser resoltos.

  2. Ningún problema debería ser resolto dúas veces.

  3. O aburrimento e o traballo monótono son o mal.

  4. A liberdade é boa.

  5. Actitude non é substituto de competencia.

Os hackers resolven problemas e constrúen cousas, e creen na liberdade e na axuda mutua voluntaria. Para ser aceptado como hacker, teste que comportar como se ti mesmo tiveses este tipo de actitude. E para comportarte como se tiveses a actitude, tes que crer realmente na actitude.

Pero se pensas que promover as actitudes hacker é so unha forma de gañar aprobación na cultura, non entenderás o asunto. Volverte o tipo de persoa que cree estas cousas é importante para ti — para axudarche a aprender e manterte motivado. Como en tódalas artes creativas, o xeito máis efectivo de volverse un mestre é imitar a mentalidade dos mestres — non so intelectualmente, senón tamén emocionalmente.

Ou como di o seguinte poema Zen moderno:

  Para seguir o camiño:
  mira ó mestre,
  sigue ó mestre,
  camiña co mestre,
  mira a través do mestre,
  convértete no mestre.

Polo que, se queres ser un hacker, repite as seguintes cousas ata que as creas:

1. O mundo está cheo de problemas fascinantes esperando a ser resoltos.

Ser un hacker é moi divertido, pero é unha clase de diversión que require esforzo. O esforzo require motivación. Os atletas de éxito sacan a súa motivación dunha especie de pracer físico ao facer que os seus corpos funcionen ben, animándose así mesmos a ir máis alá dos seus límites físicos. De mesmo xeito, para ser un hacker tes que emocionarte ao resolver problemas, pulir as túas habilidades, e exercitar a túa intelixencia.

Se non es o tipo de persoa que se sinte deste xeito de forma natural, precisas converterte nunha para ser un hacker. Doutro modo descubrirás que a túa enerxía para hackear gastase en distraccións como sexo, diñeiro ou aprobación social.

(Tamén deberás desenvolver un tipo de fe nas túas capacidades para aprender — a crenza de que inda se non sabes todo o que precisas para resolver un problema, se abordas so unha parte e aprendes diso, aprenderás o suficiente para resolver a seguinte parte — e así sucesivamente, ata que estea feito.)

2. Ningún problema debería ser resolto dúas veces.

Os cerebros creativos son un valioso e limitado recurso. No deberían malgastarse reinventando a roda cando existen tantos novos e fascinantes problemas agardando aí fora.

Para comportarte coma un hacker, tes que pensar que o tempo para pensar doutros hackers é valioso — tanto que é case o teu deber moral compartir información, resolver problemas e logo dar as solucións de xeito que outros hackers poidan resolver novos problemas no canto de estar continuamente abordando os vellos.

Tes que entender, sen embargo, que "Ningún problema debería resolverse dúas veces" non implica considerar as solucións existentes como sagradas, ou que soamente hai unha única solución válida para un problema. A miúdo, aprendemos moito dun problema que non coñeciamos antes estudando a primeira aproximación da solución. Está ben, e moitas veces é preciso, decidir que o podemos facer mellor. O que non está ben son as barreiras artificiais técnicas, legais ou institucionais (como o código pechado) que evita que se reuse unha boa solución e forza á xente a reinventar rodas.

(Non tes que crer que estás obrigado a compartir totalmente os teus enxeñosos produtos, inda que os hackers que o fan son os máis respectados por outros hackers. É consistente con valores hacker vender o suficiente para pagar a comida, o aluger e os ordenadores. Está ben usar as túas habilidades hackers para manter á túa familia ou incluso volverse rico, sempre e cando non esquezas ser fiel ó teu arte e ós teus compañeiros hackers mentres o fas.)

3. O aburrimento e o traballo monótono son o mal.

Os hackers (e a xente creativa en xeral) nunca deberían estar aburridos ou traballar arreo nun traballo repetitivo e estúpido, porque cando iso acontece significa que non están facendo o que soamente eles poden facer — resolver novos problemas. Este desaproveitamento dana a todos. Polo tanto o aburrimento e a monotonía non son so desagradables senón tamén malévolos.

Para comportarte coma un hacker, tes que crer que isto o suficiente para querer automatizar as cousas aburridas tanto como sexa posible, non so por ti senón por todos (especialmente outros hackers).

(Existe unha excepción a isto. As veces os hackers fan cousas que parecen repetitivas e aburridas para un observador para despexar a mente, ou para adquirir unha habilidade ou unha experiencia en particular que non se pode conseguir doutro xeito. Pero isto é por elección propia — ninguén que poida pensar debería ser forzado a unha situación que o aburra.)

4. A liberdade é boa.

Os hackers son anti-autoritarios por natureza. Calquera que che poida dar ordes pode deterte de resolver calquera problema que che fascine — e, tendo en conta como funcionan as mentes autoritarias, polo xeral atopará algún motivo estúpido para facelo. Polo que a actitude autoritaria debe ser combatida onde sexa que a atopes, para non che asfixie a ti nin a outros hackers.

(Isto non significa que haxa que combater toda autoridade. Os nenos precisan ser guiados e os criminais retidos. Un hacker pode aceptar algúns tipos de autoridade para obter algo que quere máis que o tempo que gasta seguindo ordes. Pero esa é unha negociación consciente e limitada; o tipo de entrega persoal que os autoritarios queren non está en venta.)

Os autoritarios prosperan ca censura e o segredo. E non confían na cooperación voluntaria nin no intercambio de información — so lles gusta a 'cooperación' que eles controlan. Polo que para comportarte coma un hacker, tes que desenvolver unha hostilidade instintiva cara a censura, o segredo, e o uso da forza e o engano para controlar a adultos responsabels. E tes que estar disposto a actuar seguindo esa crenza.

5. Actitude non é substituto de competencia.

Para ser un hacker, tes que desenvolver algunhas de estas actitudes. Pero ter unha actitude solo non che vai facer hacker máis do que che faría ser un atleta campión ou unha estrela do rock. Converterse en hacker precisará intelixencia, práctica, dedicación e traballo duro.

Polo tanto, tes que aprender a desconfiar das actitudes e respectar as competencias de todo tipo. Os hackers non deixan que os posers lle fagan perder o tempo, senón que adoran a competencia — especialmente competencia en hacking, pero calquera competencia pode ser valorada. A competencia en habilidades demandadas é especialmente boa, e a competencia en habilidades demandadas que involucran agudeza mental, destreza, e concentración é a mellor.

Se veneras a competencia, desfrutarás desenvolvendoa en ti mesmo — o traballo duro e a dedicación converteranse nun xogo intenso en vez dunha pesadez. Esa actitude é vital para converterse en hacker.

./glider.png

Habilidades básicas para un hacker

  1. Aprende a programar.

  2. Consigue un Unix de código aberto e aprende a usalo.

  3. Aprende a usar a World Wide Web e escribir HTML.

  4. Se non sabes Inglés funcional, apréndeo.

A actitude hacker é vital, pero as habilidades son aínda máis vitais. A actitude non é substituto de competencia, e hai certas habilidades básicas que precisas ter antes de que a ningún hacker se lle pase sequera pola cabeza considerarte como tal.

Estas habilidades cambian amodo ó longo do tempo cando a tecnoloxía require novas capacidades e deixa obsoleta ás vellas. Por exemplo, adoitábase incluír programar en código máquina, e non foi ata ben que pouco que se precisa HTML. Pero agora está claro que se inclúen as seguintes:

1. Aprende a programar.

Esta, por suposto, é a habilidade básica de hacking. Se non coñeces ningunha linguaxe de programación, recoméndoche comezar con Python. Ten un deseño limpo, está ben documentado, e é relativamente amigable para os principiantes. Amais de ser unha boa primeira linguaxe, non é so un xoguete, é moi potente e flexible e adecuado para proxectos longos. Escribín unha revisión de Python máis detallada. Existen bos tutoriais no sitio web de Python; e hai un excelente escrito por terceiros en Computer Science Circles.

Eu adoitaba recomendar Java como unha boa linguaxe para aprender das primeiras, mais esta crítica fíxome cambiar de opinión (busca por "The Pitfalls of Java as a First Programming Language" nela). Un hacker non pode, como eles cruamente din, "atacar a resolución de problemas coma un fontaneiro nunha ferretería"; ti tes que saber que fan os compoñentes. Agora penso que probablemente sexa mellor aprender C e Lisp primeiro, e logo Java.

Tal vez se poida sacar unha idea máis xeral daquí. Se unha linguaxe fai demasiado por ti, será ao mesmo tempo boa para producir e mala para aprender. Este problema non soamente o teñen as linguaxes, os frameworks de aplicacións web como RubyOnRails, CakePHP, Django fan todo demasiado fácil como para obter un entendemento mínimo que che deixa sen recursos cando tes que afrontar un problema complicado, ou simplemente depurar a solución dun sinxelo.

Unha mellor alternativa a Java é aprender Go. A esta nova linguaxe é fácil pasarse vindo de Python, e aprendela porache na boa dirección para o seguinte paso, que é aprender C. Ademais, unha das incertezas sobre os vindeiros anos é canto desprazara Go a C como linguaxe de programación de sistemas. Existe un posible futuro no que abarque a maioría da gama tradicional de C.

Se te pos a programar en serio, eventualmente terás que aprender C, o linguaxe base de Unix. C++ está moi relacionado con C; se sabes un, aprender o outro non che será difícil. Sen embargo, ningunha destas é adecuada para aprender como primeira linguaxe. E, de feito, canto máis evites programar en C, máis produtivo serás.

C é moi eficiente, e usa os mínimos recursos da máquina. Desafortunadamente, para ter esa eficiencia, C require que fagas a man moita xestión de recursos de baixo nivel (como a memoria). Todo ese código de baixo nivel é complexo e propenso a erros, e requerirache estar moito tempo depurando. Co potentes que son hoxe as máquinas, isto polo xeral non compensa — é máis intelixente usar unha linguaxe que use o tempo da maquina menos eficientemente, pero o teu tempo máis eficientemente. Isto é, Python.

Outras linguaxes particularmente importantes para hackers son Perl e LISP. Perl merece a pena aprendelo por razóns prácticas, é amplamente usado en páxinas web e administración de sistemas, polo que inda que nunca escribas Perl, deberías aprender a lelo. Moita xente usa Perl do modo que che digo que deberías usar Python, para evitar programar en C en traballos que non requiren a eficiencia de C. Precisarás entender o seu código.

LISP merece a pena aprendelo por razóns diferentes — a profunda revelación que terás cando o entendas. Esa experiencia farache mellor programador o resto dos teus días, incluso se non usas moito o propio LISP. (Podes ter facilmente unha experiencia inicial con LISP escribindo e editando modos do editor Emacs, ou extensións Script-Fu para GIMP.)

O mellor é, de feito, aprender os cinco, Python, C/C++, Perl e LISP. Ademais de ser as linguaxes máis importantes de hacking, representan diferentes aproximacións á programación, e cada un educarache de xeito significativo. Go inda non chegou ó punto de ser incluído entre as linguaxes de hacking máis importantes, pero parece dirixirse a tal estatus.

Mais se consciente que non alcanzarás o nivel de habilidade dun hacker ou incluso dun programador soamente acumulando linguaxes — necesitas aprender a pensar sobre os problemas de programación de maneira xeral, independentemente de calquera linguaxe. Para ser un hacker, necesitas chegar ao punto no que podes aprender unha nova linguaxe usando o que está no manual do que xa sabes. Isto quere dicir que deberías aprender varias linguaxes diferentes.

Non podo darche aquí instrucións completas sobre como aprender a programar — é unha habilidade complexa. Pero podo dicirche que os cursos e libros non o farán — moitos, tal vez a maioría dos mellores hackers son autodidactas. Podes aprender as características — cachiños de coñecemento — dos libros, pero a mentalidade que transforma ese coñecemento nunha habilidade viva so pode ser aprendida a través da práctica e aprendizaxe. O que o fará será (a) ler código e (b) escribir código.

Peter Norvig, un dos mellores hackers de Google e coautor do libro de IA más amplamente usado, escribiu en ensaio excelente chamado Teach Yourself Programming in Ten Years. A súa "receita para programar con éxito" merece especial atención.

Aprender a programar é como aprender a escribir. O mellor xeito de facelo e ler algo escrito polos mestres da materia, escribir algo ti mesmo, ler un montón máis, escribir un pouco máis, ler un montón máis, escribir algo máis… e repetir ata que o que escribes empezan a ter o tipo de forza e economía que ves nos teus modelos.

Teño máis que dicir sobre este proceso de aprendizaxe en How To Learn Hacking. Son un conxunto de instrucións sinxelas, pero non fáciles.

Atopar bo código para ler soía ser difícil, porque había poucos códigos fonte de programas longos para que os hackers novatos leran e xogasen con eles. Isto cambiou drásticamente; software open-source, ferramentas de programación, e sistemas operativos (todos escritos por hackers) son agora facilmente accesibles. O que me leva ó noso seguinte tema…

2. Consigue un Unix de código aberto e aprende a usalo.

Vou asumir que tes un ordenador persoal ou podes ter acceso a un. (Tómate un momento para apreciar canto significa iso. A cultura hacker orixinouse cando os ordenadores eran tan caros que os particulares no podían telos.) O paso máis importante que calquera novato pode facer de cara a adquirir as habilidades dun hacker e conseguir unha copia de Linux ou dun dos Unix BSDs, instalalo nunha máquina persoal, e arrincalo.

Sí, existen outros sistemas operativos no mundo ademais de Unix. Pero son distribuidos en binario — non podes ler o código, e non podes modificalo. Intentar aprender a hackear nunha máquina Windows de Microsoft ou sobre calquera outro sistema de código cerrado é como aprender a bailar con armadura.

Sobre Mac OS X é posible, pero solo parte do sistema é código aberto — é probable que te atopes con moitas barreiras, e tes que ser coidadoso para non desenvolver o mal hábito de depender do código propietario de Apple. Se te podes concentrar no Unix que hai por debaixo podes aprender algunhas cousas útiles.

Unix é o sistema operativo de Internet. Inda que podes aprender a usar Internet sen coñecer Unix, non podes ser un hacker de Internet sen entender Unix. Por isto, a cultura hacker de hoxe en día está moi centrada en Unix. (Isto non foi sempre así, e algúns antigos hackers non están contentos con iso, pero a simbiose entre Unix e Internet volveuse tan forte que incluso o músculo de Microsoft non pode facer mella nela.)

Así que consegue un Unix — a min gústame Linux pero existen outros (e sí, podes executar Linux e Microsoft Windows na mesma máquina). Apréndeo. Execútao. Xoga con el. Fala con Internet con el. Lee o código. Modifica o código. Terás mellores ferramentas de programación (incluíndo C, LISP, Python, e Perl) das que calquera sistema operativo de Microsoft podería soñar, vaste divertir, e absorberás máis coñecemento do que pensas que estás a aprender ata que mires cara atrás coma un mestre hacker.

Para aprender máis sobre Unix, consulta The Loginataka. Igual tamén che gustaría botarlle unha ollada a The Art Of Unix Programming.

O blogue Let's Go Larval! é unha xanela sobre o proceso de aprendizaxe dun novo usuario de Linux que creo que é inusualmente lúcido e útil. A publicación How I Learned Linux é un bo punto de partida.

Para obter un Linux, mira a páxina Linux Online!; podes descargalo dende aí ou (mellor aínda) encontrar un grupo local de usuarios de Linux que che axuden coa instalación.

Durante os primeiros dez anos de vida deste HOWTO, informei que dende o punto de vista dun novo usuario, todas as distribucións de Linux son case equivalentes. Pero no 2006-2007 xurdiu a mellor opción: Ubuntu. Mentres outras distros teñen as súas propias áreas de forza, Ubuntu é de lonxe o máis accesible para os novatos en Linux. Ten coidado, con todo, coa horrible e case inutilizable interface de escritorio "Unity" que Ubuntu introduciu por defecto uns anos despois; as variantes de Xubuntu ou Kubuntu son mellores.

Podes atopar axuda e recursos de BSD Unix en https://www.bsd.org/.

Un bo xeito de mergullar os pés na auga é arrincar o que os fans de Linux chaman live CD, unha distribución que funciona completamente dende o CD ou memoria USB sen ter que modificar o disco duro. Isto pode ser lento, porque os CD son lentos, pero é un xeito de ver as posibilidades sen ter que facer nada drástico.

Escribín un manual sobre os conceptos básicos de Unix e Internet.

Antes recomendaba non instalar Linux ou BSD como proxecto en solitario se es un novato. Hoxe en día os instaladores son o suficientemente bos como para facelo completamente só, incluso para un novato. Non obstante, aínda recomendo contactar co grupo de usuarios de Linux local e pedir axuda. Non doe e pode suavizar o proceso.

3. Aprende a usar a World Wide Web e escribir HTML.

A maioría das cousas que construíu a cultura hacker fan o seu traballo sen chamar a atención, axudando a dirixir fábricas, oficinas e universidades sen ningún impacto evidente sobre como viven os non hackers. A web é a gran excepción, o enorme e relucente xoguete dos hacker que incluso os políticos admiten que cambiou o mundo. Só por este motivo (e moitos outros bos) cómpre aprender a traballar na web.

Isto non significa só aprender a manexar un navegador (calquera pode facelo), senón aprender a escribir HTML, a linguaxe da web. Se non sabes programar, escribir HTML ensinarache algúns hábitos mentais que che axudarán a aprender. Así que constrúe unha páxina persoal.

Pero só ter unha páxina persoal non é o suficientemente bo como para converterse nun hacker. A web está chea de páxinas persoais. A maioría delas son lama sen sentido e con cero contido — lama con moi bo aspecto, iso si, lama de todos modos (para ver máis disto mira The HTML Hell Page).

Para valer a pena, a túa páxina debe ter contido — debe ser interesante e/ou útil para outros hackers. E iso lévanos ao seguinte tema…

4. Se non sabes Inglés funcional, apréndeo.

Eu mesmo, coma estadounidense e falador inglés nativo, tiven relutancia en suxerir isto, para que non se tome como unha especie de imperialismo cultural. Pero varios falantes nativos doutras linguas instáronme a sinalar que o inglés é a lingua de traballo da cultura hacker e de Internet e que necesitarás coñecelo para funcionar na comunidade hacker.

Ó redor de 1991 souben que moitos hackers que teñen o inglés como segunda lingua ou úsana en discusións técnicas incluso cando comparten unha lingua de nacemento; Informáronme no seu momento de que o inglés ten un vocabulario técnico máis rico que calquera outro idioma e, polo tanto, é simplemente unha mellor ferramenta para o traballo. Por razóns similares, as traducións de libros técnicos escritos en inglés a miúdo non son satisfactorias (se é que se fan).

Linus Torvalds, finlandés, comenta o seu código en inglés (ao parecer nunca se lle ocorreu facelo noutra lingua). A súa fluidez en inglés foi un factor importante na súa capacidade para captar unha comunidade mundial de desenvolvedores para Linux. É un exemplo que paga a pena seguir.

Ser falante nativo de inglés non garante que teñas coñecementos lingüísticos o suficientemente bos como para funcionar como hacker. Se os teus escritos son semi-alfabetos, pouco gramaticais e están cheos de faltas de ortografía, moitos hackers (incluído eu) tenderemos a ignorarte. Aínda que a escritura desleixada non significa invariablemente un pensamento desleixado, xeralmente atopamos que a correlación é forte, e non temos utilidade para os pensadores desleixados. Se aínda non podes escribir con competencia, aprende a facelo.

./glider.png

O status na cultura hacker

  1. Escribe software de código aberto

  2. Axuda a probar e depurar software de código aberto

  3. Publica información útil

  4. Axuda a manter as infraestruturas funcionando

  5. Serve á propia cultura hacker

Coma na maioría de culturas sen unha economía monetaria, a cultura hacker basease na reputación. Ti estás intentando resolver problemas, pero como de interesantes son, e se as túas solucións son realmente boas, é algo que só os seus compañeiros técnicos ou superiores normalmente están preparados para xulgar.

Polo tanto, cando participas no xogo dos hackers, ti aprendes a manter a puntuación polo que pensan outros hackers da túa habilidade (esta é a razón pola que non es un hacker ata que outros hackers te o chaman de forma constante). Este feito está sepultado pola imaxe de que hackear é un traballo solitario; tamén está considerado un tabú dentro da cultura hacker (decaendo gradualmente dende finais dos 90 pero aínda sendo potente) admitir que o ego ou a validación externa están implicados na motivación propia.

En concreto, a cultura hacker é o que os antropoloxistas chaman a cultura do agasallo. Ti gañas status e reputación nel non por dominar a outras persoas, nin por ser guapo, nin por ter cousas que outras persoas desexarían, senón por regalar cousas. Especificamente, por regalar o teu tempo, a túa creatividade e os resultados da túa habilidade.

Hai basicamente cinco tipos de cousas que podes facer para ser respectado polos hackers:

1. Escribe software de código aberto

Primeiro (o máis central e máis tradicional) hai que escribir programas que outros hackers pensen que son divertidos ou útiles, e dar o código para que toda a cultura hacker o utilice.

(Nós tendíamos a chamar a estes traballos "software libre", pero isto é confundido por moita xente que non está segura de que significa exactamente a palabra "libre". A maior parte de nós agora prefire utilizar o termo software de "código aberto").

Os semideuses máis venerados da cultura hacker son persoas que escribiron grandes programas que cubrían unha necesidade xeneralizada e os regalaban, de xeito que agora todo o mundo os utiliza.

Pero aquí hai un bo punto histórico. Mentres que os hackers sempre miraron aos desenvolvedores de código aberto entre eles como o núcleo máis duro da nosa comunidade, antes de mediados dos anos 90 a maioría dos hackers traballaban a maior parte do tempo en código pechado. Isto inda era verdadeiro cando eu escribín a primeira versión deste HOWTO en 1996; foi necesario incorporar o software de código aberto despois de 1997 para cambiar as cousas. Hoxe, a "comunidade hacker" e os "desenvolvedores de código aberto" son dúas descricións para esencialmente a mesma cultura e poboación – pero merece a pena recordar que isto non foi sempre así. (Para máis detalles sobre isto, mira a sección chamada "Nota histórica: Hacking, Código Aberto e Software Libre")

2. Axuda a probar e depurar software de código aberto

Tamén serven quenes soportan e depuran o software de código aberto. Neste mundo imperfecto, inevitablemente gastaremos a maior parte do noso tempo de desenvolvemento de software na fase de depuración. Este é o motivo polo que calquera autor de código aberto que estea a pensar che dirá que os bos beta-testers (os que saben describir os síntomas claramente, localizar ben os problemas, que toleren erros e estean dispostos a aplicar algunhas rutinas de diagnóstico sinxelas) valen o seu peso en ouro. Incluso un destes pode marcar a diferenza entre unha fase de depuración que é un pesadelo prolongado e esgotador e outra que só é unha molestia saudable.

Se es un novato, intenta atopar un programa en desenvolvemento no que esteas interesado e ser un bo beta-tester. Existe unha progresión natural dende axudar a probar programas ata axudar a depuralos e axudar a modificalos. Ti aprenderás moito seguindo este camiño, e xerarás bo karma con xente que nun futuro che axudará.

3. Publica información útil

Outra cousa boa é recoller e filtrar a información interesante e publicala en páxinas web ou documentos coma Preguntas Máis Frecuentes (FAQ), e facelas dispoñibles para todo o mundo.

Os mantedores das principais preguntas máis frecuentes técnicas obteñen case tanto respecto como os autores de código aberto.

4. Axuda a manter as infraestruturas funcionando

A cultura hacker (e o desenvolvemento de enxeñaría de Internet, para o caso) funciona con voluntarios. Hai unha gran cantidade de traballo necesario pero pouco glamouroso que se necesita realizar para que que as cousas sigan funcionando – administrar as listas de correo, moderar os grupos de noticias, manter grandes sitios de arquivos de software, desenvolver o RFC e outros estándares técnicos.

As persoas que fan este tipo de cousas obteñen unha gran cantidade de respecto, porque todo o mundo sabe que eses traballos consumen moito tempo e non son tan divertidos coma xogar co código. Facelas demostra dedicación.

5. Serve á propia cultura hacker

Finalmente, ti podes servir e propagar á propia cultura (como, por exemplo, escribindo un manual preciso sobre como converterse nun hacker :-)). Isto non é algo que ti estarás en condicións de facer ata que esteas por un tempo e serás coñecido por unha das catro primeiras cousas.

A cultura hacker non ten líderes, pero ten heroes, anciáns tribais, historiadores e voceiros. Cando andes polas trincheiras durante moito tempo, volveraste algún destes. Coidado: os hackers desconfían do ego descarado nos seus anciáns tribais, polo que alcanzar este tipo de fama é perigoso. En vez de esforzarse por iso, tes que situarte para que che veña sen forzalo e logo ser modesto e gracioso co teu estado.

./glider.png

A conexión hacker/nerd

Contrariamente aos mitos populares, ti non tes que ser un nerd para ser un hacker. Sen embargo, axuda, e moitos hackers son de feito nerds. Estar algo marxinado socialmente axuda a estar concentrado nas cousas realmente importantes, coma pensar e hackear.

Por esta razón, moitos hackers adoptaron a etiqueta 'geek' coma unha insignia de orgullo —é unha forma de declarar a súa independencia das expectativas sociais normais (así como a afección por outras cousas como a ciencia ficción e os xogos de estratexia que adoitan acompañar a ser un hacker). O termo 'nerd' era utilizado nos anos 90, cando 'nerd' era un leve pexorativo e 'geek' un pouco máis duro; nalgún momento despois do 2000 cambiaron de lugar, polo menos na cultura popular dos Estados Unidos, e agora hai incluso unha cultura do orgullo 'geek' entre as persoas que non son técnicas.

Se consegues concentrarte o suficiente no hacking para ser bo niso e seguir tendo vida, está ben. Isto é moito máis fácil agora que cando eu era novo nos anos 70; a cultura tradicional agora é moito máis amigable cos tecno-nerds. Incluso hai un número crecente de persoas que se dan conta de que os hackers adoitan ser material de alta calidade para amantes e cónxuxes.

Se che atrae o hacking porque non tes vida, tamén está ben —polo menos non terás problemas para concentrarte. Quizais teñas unha vida máis tarde.

./glider.png

Puntos polo estilo

Outra vez, para ser un hacker, tes que entrar na mentalidade hacker. Hai varias cousas que podes facer cando non estás no ordenador que parecen axudar. Non hai substitutos do hacking (nada o é) pero moitos hackers fano, e senten que conectan dalgún xeito básico coa esencia do hacking.

  • Aprende a escribir a túa linguaxe materna ben. Aínda que é un estereotipo común que os programadores non saben escribir, un sorprendente número de hackers (incluíndo aos máis habilidosos que coñezo) son escritores moi capaces.

  • Le ciencia ficción. Vai a convencións de ciencia ficción (esta é unha boa forma de coñecer a hackers e proto-hackers).

  • Únete a un hackerspace e crea cousas (outra boa forma de coñecer a hackers e proto-hackers).

  • Entrena en artes marciais. O tipo de disciplina mental necesaria para as artes marciais parece ser similar de xeito importante ao que fan os hackers. As formas máis populares entre os hackers son definitivamente as artes asiáticas sen armas, coma o Tae Kwon Do, varias formas de Karate, Kung Fu, Aikido, ou Ju Jitsu. A esgrima occidental e as artes da espada asiáticas tamén teñen seguidores visibles. Nos lugares onde é legal, o disparo con pistola foi aumentando en popularidade dende finais dos anos noventa. As artes marciais máis hacker son as que enfatizan a disciplina mental, a conciencia relaxada e o control preciso, en lugar da forza bruta, o atletismo ou a dureza física.

  • Estuda unha disciplina de meditación real. O eterno favorito entre os hackers é o Zen (o máis importante, é que é posible beneficiarse do Zen sen adquirir unha relixión ou sen descartar a que xa tes). Tamén poden funcionar outros estilos, pero ten coidado de escoller unha que non esixa crer cousas tolas.

  • Desenvolve un oído analítico para a música. Aprende a apreciar tipos de música peculiares. Aprende a tocar ben algún instrumento musical ou a cantar.

  • Desenvolve o teu aprecio polos xogos de palabras.

Canto máis destas cousas fagas, máis probable é que sexas un hacker natural. Por que estas cousas en particular non están completamente claras, pero están relacionadas cunha mestura de habilidades do cerebro esquerdo e dereito que parece ser importante; os hackers teñen que ser capaces de razoar loxicamente e de saír da aparente lóxica dun problema ao momento.

Traballa tan intensamente como xogas e xoga tan intensamente como traballas. Para os hackers verdadeiros, os límites entre "xogar", "traballar", "ciencia" e "arte" tenden a desaparecer, ou a mesturarse nunha lúdica creatividade de alto nivel. Ademais, non te conformes cun estreito abano de habilidades. Inda que a maioría dos hackers autodescríbense como programadores, é moi probable que sexan máis que competentes en varias habilidades relacionadas –administración de sistemas, deseño web, e a resolución de problemas de hardware do PC son comúns. Un hacker que sexa administrador de sistemas, por outra banda, é probable que sexa bastante habilidoso na programación de scripts e deseño web. Os hackers non fan as cousas á medias; se invisten nunha habilidade, adoitan ser moi bos nela.

Finalmente, algunhas cousas que non hai que facer.

  • Non empregues un ID de usuario grandioso ou tonto.

  • Non entres en discusións áridas na Usenet (nin en ningún outro lugar).

  • Non te chames a ti mesmo 'ciberpunk' e non perdas o tempo con alguén que o faga.

  • Non fagas publicacións nin escribas correos electrónicos cheos de erros ortográficos e gramática incorrecta.

A única reputación que terás facendo estas cousas será a dun imbécil. Os hackers teñen unha gran memoria – poderían pasar moitos anos ata que che acepten de novo despois destes erros.

O problema cos nomes grandiosos merece unha explicación. Ocultar a túa identidade detrás deste tipo de ID é un comportamento xuvenil e parvo característico dos crackers, warez d00dz e outras formas de vida inferiores. Os hackers non fan isto; están orgullosos do que fan e queren que se asocie cos seus nomes reais. Entón, se empregas un nome grandioso, déixao. Na cultura dos hackers só te marcará coma un perdedor.

./glider.png

Nota Histórica: Hacking, Código Aberto e Software Libre

Cado escribín este HOWTO a finais de 1996, algunhas cousas eran moi diferentes de como son hoxe en día. Unhas poucas palabras sobre destes cambios poden axudar a aclarar as cousas para as persoas que están confundidas sobre a relación do código aberto, o software libre e Linux coa comunidade hacker. Se non tes curiosidade por isto, podes saltar directamente ás preguntas frecuentes e á bibliografía dende aquí.

O espírito e a comunidade hacker tal e como os describín aquí son moi anteriores á aparición de Linux despois de 1990; introducinme por primeira vez nela arredor de 1976 e as súas raíces son facilmente rastrexables ata principios dos anos sesenta. Pero antes de Linux, a maioría do hacking facíase en sistemas operativos propietarios ou nun puñado de sistemas caseiros experimentais como o ITS do MIT que nunca se despregaron fóra dos seus nichos académicos orixinais. Aínda que houbo algúns intentos anteriores (pre-Linux) de cambiar esta situación, o seu impacto foi no mellor dos casos moi marxinal e confinado a comunidades de verdadeiros crentes dedicados que eran pequenas minorías incluso dentro da comunidade hacker, e moito menos respecto ao mundo máis grande do software en xeral.

O que agora se chama "código aberto" remóntase tanto coma a propia comunidade hacker, pero ata 1985 era unha práctica popular sen nome máis que un movemento consciente con teorías e manifestos. Esta prehistoria rematou cando, en 1985, o hacker Richard Stallman ("RMS") intentou darlle un nome: "software libre". Pero o seu acto de nomear tamén foi un acto de reivindicación; engadiu bagaxe ideolóxica á etiqueta de "software libre" que gran parte da comunidade de hackers existente nunca aceptou. Como resultado, a etiqueta de "software libre" foi rexeitada en voz alta por unha substancial minoría da comunidade hacker (especialmente entre os asociados a BSD Unix), e usada con reservas serias pero silenciosas pola maioría do resto (incluído eu).

A pesar destas reservas, a pretensión de RMS de definir e dirixir á comunidade hacker baixo a bandeira do "software libre" mantívose en xeral ata mediados dos anos noventa. Isto só foi desafiado seriamente polo auxe de Linux. Linux deu ao desenvolvemento de código aberto un fogar natural. Moitos proxectos emitidos baixo termos que agora chamaríamos de código aberto migraron de Unix propietarios a Linux. A comunidade arredor de Linux medrou de forma explosiva, volvéndose moito máis grande e heteroxénea que a cultura hacker anterior a Linux. RMS intentou decididamente cooptar toda esta actividade no seu movemento de "software libre", pero foi frustrado tanto pola explosiva diversidade da comunidade Linux como polo escepticismo público do seu fundador, Linus Torvalds. Torvalds continuou empregando o termo "software libre" por falta de alternativa, pero rexeitou públicamente a bagaxe ideolóxica de RMS. Moitos hackers máis novos seguiron o exemplo.

En 1996, cando publiquei por primeira vez este HOWTO, a comunidade hacker reorganizouse rápidamente en torno a Linux e un puñado de outros sistemas operativos de código aberto (en particular, os descendentes de BSD Unix). A memoria comunitaria do feito de que a maioría de nós levaramos décadas desenvolvendo software de código pechado en sistemas operativos de código pechado aínda non comezara a esvaecerse, pero ese feito xa comezaba a parecer parte dun pasado morto; Os hackers definíanse cada vez máis como hackers polos seus anexos a proxectos de código aberto como Linux ou Apache.

Non obstante, o termo "código aberto" aínda non aparecera; non o faría ata principios de 1998. Cando se fixo, a maioría da comunidade de hackers adoptouno nos seis meses seguintes; as excepcións eran unha minoría ideoloxicamente unida ao termo "software libre". Desde 1998, e sobre todo despois de 2003, a identificación do "hacking" co desenvolvemento de "código aberto (e software libre)" fíxose moi próxima. Hoxe non ten moito sentido intentar distinguir entre estas categorías e parece improbable que cambie no futuro.

Non obstante, convén lembrar que non sempre foi así.

./glider.png

Outros recursos

Paul Graham escribiu un ensaio chamado Great Hackers e outro sobre Undergraduation, no que fala con moita sabedoría.

Os hackers máis novos poden considerar interesante e útil o seguinte texto Things Every Hacker Once Knew.

Tamén escribín A Brief History Of Hackerdom.

Escribín o traballo, The Cathedral and the Bazaar, que explica moito sobre como funcionan as culturas de código aberto e Linux. Abordei este tema aínda máis directamente na súa continuación Homesteading the Noosphere.

Rick Moen escribiu un excelente documento sobre how to run a Linux user group.

Rick Moen e eu colaboramos noutro documento sobre How To Ask Smart Questions. Isto axudarache a buscar axuda de xeito que teñas máis probabilidades de conseguila.

Se precisas instrucións sobre o funcionamento dos ordenadores persoais, Unix e Internet, consulta The Unix and Internet Fundamentals HOWTO.

Cando publiques software ou escribas parches para software, intenta seguir as pautas do Software Release Practice HOWTO.

Se che gustou o poema Zen, tamén che pode gustar Rootless Root: The Unix Koans of Master Foo.

./glider.png

Preguntas frecuentes

Pregunta: Como podo saber se xa son un hacker?

Resposta: Pregúntate a ti mesmo estas tres cousas:

  • Falas código, con fluencia?

  • Identifícaste cos obxectivos e valores da comunidade hacker?

  • Nalgún momento chamoute hacker un membro establecido da comunidade hacker?

Se podes respostar "Si" as tres preguntas, xa es un hacker. Non e suficiente con dúas.

A primeira é sobre as habilidades. Ti probablemente pases se tes as capacidades técnicas mínimas descritas antes neste documento. Tamén pasas de sobra se tes unha cantidade substancial de código aceptado nun proxecto de desenvolvemento open-source.

A segunda pregunta é sobre a actitude. Se os cinco principios da mentalidade hacker parecen obvios para ti, máis unha descrición do teu estilo de vida que algo novo, xa levas máis da metade do camiño recorrido. Esa é a metade interna de cada un; a outra, externa é o grao no que te identificas cos proxectos a longo prazo da comunidade hacker.

Esta é unha lista incompleta pero indicativa de algúns deses proxectos: Impórtate que Linux mellore e se espalle? Tes paixón pola liberdade do software? Hostil os monopolios? Actúas coa crenza de que os computadores poden ser instrumentos de empoderamento que fagan o mundo un lugar mais rico e humano?

Pero unha nota de precaución é necesaria aquí. A comunidade hacker ten algúns intereses políticos específicos principalmente defensivos – dous de eles son defender os dereitos de libre expresión e repeler a obtención de poder da "propiedade intelectual" que faría o open-source ilegal. Algúns deses proxectos a longo prazo son organizacións de liberdades civís coma a Electronic Frontier Foundation e a actitude externa inclúe apoialos. Pero mais aló diso, a maioría dos hacker ven os intentos de sistematizar a actitude hacker nun programa político explícito con desconfianza; xa aprendemos, polo camiño duro, que eses intentos dividen e distraen. Se alguén intenta recrutarte para marchar no teu capitolio no nome da actitude hacker, non entenderon a idea. A resposta correcta probablemente sexa "Cala e amósalles o código."

A terceira proba ten un complicado elemento de recursividade nel. Observei na sección "Que é un hacker?" que ser un hacker é en parte cuestión de pertencer a unha subcultura particular ou rede social cunha historia compartida, un interior e un exterior. No pasado lonxano, os hackers eran un grupo moito menos cohesivo e auto-consciente do que son hoxe. Pero a importancia do aspecto da rede social incrementou nos últimos trinta anos ao mesmo tempo que o Internet fixo as conexións co núcleo da subcultura hacker mais fáciles de desenrolar e manter. Un indicador sinxelo do cambio é que, neste século, temos as nosas propias camisetas.

Os sociólogos, que estudan redes coma as da cultura hacker baixo a rúbrica de "colexios invisibles", atoparon que unha característica destas redes é que teñen gardiáns – membros centrais coa autoridade social para avalar a entrada de novos membros na rede. Porque o "colexio invisible" que é a cultura hacker é un frouxo e informal, o papel do gardián é tamén informal. Pero unha cousa que todos os hackers entenden é que non todos os hackers son gardiáns. Os gardiáns teñen que obter un certo grado de antigüidade e logros antes de que poidan outorgar o título. Canto é difícil de cuantificar pero todo hacker o sabe cando o ve.

P: Ensinarasme como hackear?

R: Dende que publiquei esta páxina por primeira vez, varias persoas me preguntan cada semana (a miúdo cada día) se lles "ensinaría todo sobre o hacking". Desafortunadamente non teño o tempo ou enerxía pra facer isto; os meus propios proxectos de hacking, e traballar como un partidario do software open-source, toman o 110% do meu tempo.

Aínda no caso de que o fixera, o hacking é unha actitude e unha habilidade que, básicamente tes que ensinarte a ti mesmo. Atoparás que mentres que os verdadeiros hackers queren axudarte, non te respectarán se andas a rogar que che ensinen todo o que saben en sinxelos pasos.

Aprende unhas poucas cousas ao principio. Amosa que o estas intentando, que es capaz de aprender pola túa conta. Entón vai aos hacker que atopes con preguntas específicas.

Se mandas un correo a un hacker pedindo consello, aquí hai dúas cousas que debes saber. Primeiro, atopamos que a xente que é preguiceira ou descoidada coa súa escritura soen ser demasiado preguiceiros e descoidados co seu pensamento pra ser bos hackers – así que se coidadoso con como escribes e usa boa gramática e puntuación, senón probablemente sexas ignorado. En segundo lugar, non te atrevas a pedir unha resposta a unha conta dun ISP que é distinta da conta dende a que escribes; atopamos que a xente que o fai normalmente son ladróns usando contas roubadas, e non temos interese en recompensar o roubo.

P: Entón, como podo empezar?

R: A mellor forma de empezar probablemente sexa acudir á reunión de un LUG (Linux user group). Podes atopar estes grupos na "LDP General Linux Information Page"; probablemente haxa un preto de ti, probablemente asociado cun instituto ou universidade. Os membros do LUG probablemente che den un Linux se llo pides, e seguro que che axudan a instalalo e dar os primeiros pasos nel.

O teu seguinte paso (e o primeiro se non atopas un LUG cerca) debe ser atopar un proxecto open-source que che interese. Comeza por ler o código e revisar os bugs. Aprende a contribuír e traballa para que che recoñezan.

O único xeito de que che recoñezan é traballar en mellorar as túas habilidades. Se me pides un consello persoal en como empezar, direiche exactamente estas mesmas cousas, por que non teño ningún atallo máxico para ti. Tamén te descartaría mentalmente como un potencial perdedor – por que se careces do aguante pra ler esta FAQ e da intelixencia pra entender que o único xeito é traballar en mellorar as túas habilidades, non tes remedio.

Outra posibilidade interesante é visitar un hackerspace. Hai un movemento florecente de xente que crea lugares físicos – clubs de makers – onde poden quedar con xente pra traballar en proxectos de hardware e software de forma conxunta, ou independente nunha atmosfera amigable. Os hackerspaces a miúdo conseguen ferramentas e equipo especializado que sería demasiado caro ou loxísticamente inconveniente pra persoas individuais. Os hackerspaces son fáciles de atopar no Internet; é posible que haxa un preto de ti.

P: Cando hai que comezar? É demasiado tarde pra min pra aprender?

R: Calquera idade na que te sintas motivado pra comezar e unha boa idade. Parece que a maioría da xente se interesa entre os 15 e os 20 anos, pero coñezo excepcións nas dúas direccións.

P: Canto tempo tardarei en aprender a hackear?

R: Iso depende en canto talento teñas e como de duro traballes. A maioría da xente que intenta adquirir unha habilidade respectable tarda entre dezaoito meses e dous anos, se se concentran. Pero non penses que acaba aí; no hacking (como noutros moitos campos) tardase uns dez anos en chegar a mestría, e se es un verdadeiro hacker, adicaras o resto da tua vida aprendendo e perfeccionando o teu oficio.

P: É Visual Basic unha boa linguaxe pra empezar?

R: Se estas facendo esta pregunta, case seguro que pensas intentar hackear no Microsoft Windows. Iso é unha mala idea de por si. Cando comparei intentar aprender a hackear en Windows con tratar de aprender a bailar cunha armadura, non estaba de broma. Non o intentes. É desagradable e nunca deixa de ser desagradable.

Hai un problema especifico co Visual Basic; principalmente que non é portable. Aínda que hai prototipos de implementacións open-source de Visual Basic, os estándares ECMA aplicables non cobren mais dunha pequena porción das súas interfaces de programación. En Windows a maioría da sua librería é propietaria e dun só provedor (Microsoft); se non es extremadamente coidadoso coas funcionalidades que utilizas – máis coidadoso do que un novato é capaz de ser – acabaras atrapado nunha desas plataformas que Microsoft escolla soportar. Se estas comezando con Unix, hai linguaxes moito mellores con mellores librarías. Python, por exemplo.

Ademais coma outros Basics, Visual Basic e unha linguaxe cun mal deseño que che ensinara malos hábitos de programación. Non, non me pidas que os describa en detalle; esa explicación podería encher un libro. Aprende unha linguaxe mellor deseñada no seu lugar.

Un deses malos hábitos é volverse dependente das librarías, widgets e ferramentas de desenvolvemento dun só provedor. En xeral, calquera linguaxe que non estea completamente soportada por polo menos Linux ou un dos BSDs, e/ou polo menos tres sistemas operativos de distintos provedores, e una mala elección pra aprender a hackear.

P: Axudarasme a crackear un sistema, ou ensinarasme como crackear?

R: Non. Calquera que siga preguntando este tipo de preguntas despois de ler este FAQ é demasiado estúpido para que sexa educable aínda que eu tivese tempo para tutorealo. Calquera pregunta deste tipo que me chegue por email ignorareina ou contestareina con moita grosería.

P: Como podo obter o contrasinal da conta doutra persoa?

R: Iso é cracking. Vaite, idiota.

P: Como podo entrar/ler/monitorizar o email de alguén?

R: Iso é cracking. Pérdete, parvo.

P: Como podo roubar privilexios nas canles do IRC?

R: Iso é cracking. Fora de aquí, cretino.

P: Crackearonme. Axúdasme a defenderme de novos ataques?

R: Non. Cada vez que me fixeron esta pregunta ata agora, provén dalgún pobriño que está a utilizar Microsoft Windows. Non é posible protexer eficazmente os sistemas Windows contra ataques; o código e a arquitectura simplemente teñen demasiados defectos, o que fai que protexer Windows é tentar rescatar un barco cunha peneira. A única prevención fiable comeza co cambio a Linux ou algún outro sistema operativo deseñado para ser, polo menos, seguro.

P: Estou tendo problemas co meu Windows. Pódesme axudar?

R: Si. Entrar nunha terminal e escribe "format c:". Calquera problema que experimentes cesará nun poucos minutos.

P: Onde podo atopar algúns hackers cos que falar?

R: A mellor forma é atopar un grupo de usuarios Unix ou Linux local e ir ás súas reunións (podes atopar ligazóns a varias listas de grupos de usuarios no sitio LDP en ibiblio).

(Dicía aquí que non atoparías hackers no IRC, pero enténdenme que isto está cambiando. Ao parecer, algunhas comunidades de hackers, ligadas a cousas como GIMP e Perl, agora teñen canles IRC).

P: Podes recomendar libros útiles sobre temas relacionados co hacking?

R: Manteño o HOWTO de Linux Reading List que pode resultar útil. A Loginataka tamén pode ser interesante.

Para unha introdución a Python, consulta o tutorial no sitio de Python.

P: Teño que ser bo nas matemáticas para converterme nun hacker?

R: Non. No hacking utilizase moi poucas matemáticas formais ou aritmética. En particular, normalmente non necesitarás trigonometría, cálculo ou análise (hai excepcións a isto nun puñado de áreas de aplicación específicas como gráficos por ordenador en 3-D). Coñecer algo de lóxica formal e álxebra de Boole é bo. Algunhas bases na matemática finita (incluída a teoría de conxuntos finitos, a combinatoria e a teoría de grafos) poden ser útiles.

Moito máis importante: cómpre ser capaz de pensar lóxicamente e seguir cadeas de razoamento exacto, como fan os matemáticos. Aínda que o contido da maioría das matemáticas non che axudará, necesitarás a disciplina e a intelixencia para manexar as matemáticas. Se careces de intelixencia, hai poucas esperanzas para ti coma hacker; se che falta a disciplina, é mellor que a cultives.

Creo que un bo xeito de saber se o tes é coller unha copia do libro de Raymond Smullyan What Is The Name Of This Book?. Os lúdicos enigmas de Smullyan están moi no espírito hacker. Poder resolvelos é un bo sinal; gozar ó resolvelos é aínda mellor.

P: Que linguaxe debo aprender de primeiro?

R: HTML se aínda non o sabes. Hai moitos libros sobre HTML malos e con moita publicidade, e lamentablemente poucos bos. O que máis me gusta é HTML: The Definitive Guide.

Pero HTML non é unha linguaxe de programación completa. Cando esteas listo para comezar a programar, recomendaría comezar con Python. Escoitarás a moita xente recomendando Perl, pero é máis difícil de aprender e (na miña opinión) está peor deseñado.

C é realmente importante, pero tamén é moito máis difícil que Python ou Perl. Non intentes aprendelo primeiro.

Usuarios de Windows, non vos conformedes con Visual Basic. Ensinarache malos hábitos e non é portable fora de Windows. Evítao.

P: Que tipo de hardware necesito?

R: Adoitaba ser que os ordenadores persoais tiñan pouca potencia e eran pobres en memoria, o suficiente para poñer límites artificiais ao proceso de aprendizaxe dun hacker. Isto deixou de ser certo a mediados dos anos noventa; calquera máquina dun procesador Intel 486DX50 é o suficientemente potente para o traballo de desenvolvemento, comunicacións e Internet, e os discos máis pequenos que podes mercar a día de hoxe son o suficientemente grandes.

O importante para escoller unha máquina na que aprender é se o seu hardware é compatible con Linux (ou compatible con BSD, se elixes seguir esa ruta). De novo, isto será certo para case todas as máquinas modernas. As únicas áreas realmente pegañentas son os módems e as tarxetas sen fíos; algunhas máquinas teñen hardware específico de Windows que non funcionará con Linux.

Hai un FAQ sobre compatibilidade de hardware; a última versión está aquí.

P: Quero contribuír. Podes axudarme a escoller un problema para traballar?

R: Non, porque non coñezo os teus talentos nin os teus intereses. Tes que estar motivado por ti mesmo ou non te manterás, e é por iso que que outras persoas elixan a túa dirección case nunca funciona.

P: Teño que odiar e golpear a Microsoft?

R: Non. Non é que Microsoft non sexa repugnante, pero houbo unha cultura hacker moito antes de Microsoft e aínda haberá unha longa despois de que Microsoft sexa historia. Calquera enerxía que gastes odiando a Microsoft gastaríase mellor en amar o teu oficio. Escribe un bo código – iso golpeará a Microsoft de xeito suficiente sen contaminar o teu karma.

P: Pero o software de código aberto non deixará aos programadores incapaces de gañarse a vida?

R: Parece improbable –ata o de agora, a industria do software de código aberto parece estar creando emprego en vez de destruílo. Se ter un programa escrito supón un beneficio económico neto por non telo escrito, un programador cobrará se o programa será ou non de código aberto unha vez rematado. E, por moito que se escriba o software "de balde", sempre parece haber máis demanda de aplicacións novas e personalizadas. Escribín máis sobre isto en Open Source.

P: Onde podo obter un Unix gratuíto?

R: Se aínda non tes un Unix instalado na túa máquina, noutros lugares desta páxina inclúo indicacións para obter o Unix gratuíto máis usado. Para ser un hacker necesitas motivación e iniciativa e a capacidade de educarte. Empeza agora…

./glider.png

comments powered by Disqus