PUME: unha ferramenta para mutar código Python

Neste artigo explicarase que é e como funciona a ferramenta PUME (Python Universal Mutation Engine), dando tamén algún exemplo de uso para que se vexa ata onde chega. Introdución PUME é unha ferramenta que modifica aleatoriamente o código fonte dun script ou programa feito en Python sen cambiar a funcionalidade do programa orixinal. Isto conséguese principalmente facendo modificacións sobre a Árbore Sintáctica Abstracta (AST polas súas siglas en inglés) do programa. [Leer máis]