PUME: unha ferramenta para mutar código Python

Neste artigo explicarase que é e como funciona a ferramenta PUME (Python Universal Mutation Engine), dando tamén algún exemplo de uso para que se vexa ata onde chega. Introdución PUME é unha ferramenta que modifica aleatoriamente o código fonte dun script ou programa feito en Python sen cambiar a funcionalidade do programa orixinal. Isto conséguese principalmente facendo modificacións sobre a Árbore Sintáctica Abstracta (AST polas súas siglas en inglés) do programa. [Leer máis]

Profiling visual para Python

Boas, xente. Hoxe veño cun exemplo práctico de como podemos analizar os nosos programas de Python para atopar facilmente pescozos de botella. Fálase moito de como as optimizacións non se deben facer a cegas, senón que hai que medir que partes dun programa son as problemáticas para conseguir mellorar a execución do código de xeito eficiente. Hoxe veremos como facelo de forma cómoda e práctica. Gráficos de lapas (Flame Graphs) Hai moitos xeitos de medir e visualizar o comportamento dunha aplicación, pero persoalmente o que máis cómodo me parece é a técnica dos Gráficos de lapas (Flame Graphs) descrito por Brendan Gregg. [Leer máis]

Virus e Python

Nesta publicación explicarase varias cuestións a hora de entender como funciona un virus. Primeiro explicaranse que son e como é o seu ciclo de vida. A continuación, esbozaranse as principais técnicas para detectar un virus. Despois, comentaranse as principais técnicas anti-antivirus. Logo, explicarase como funciona un virus aportando exemplos de código, para finalmente, engadir varias melloras e proteccións para que non se poida detectar mediante sinatura. Advertencia: a finalidade desta publicación é educativa. [Leer máis]