Reversing con carraxe

Sacando contrasinais con angr

Boas xente, Estes dias andei cacharreando con angr e aprendendo un pouco sobre execución simbólica. Que diaños é angr? E a execución simbólica? angr é unha ferramenta para análise dinámico de programas. Concretamente é un emulador que executa o programa aplicando execución simbólica. Deste xeito podemos só executar a parte do programa que nos interesa e non todo o programa. A execución simbólica ven sendo executar o programa ou unha parte del para coñecer que valor precisamos nun símbolo (algo parecido a unha variábel) para podermos chegar dunha parte ou estado do programa a outro. [Leer máis]