Manifesto Hacker


Boas xente,

Hoxe traemos a tradución dun dos textos máis icónicos da cultura hacker, o manifesto hacker, publicado orixinalmente na revista Phrack en 1986. Inda que xa choveu dende aquela, ideas como a liberdade de coñecemento e a curiosidade insaciable seguen moi presentes na comunidade hacker hoxe en día.

Esperamos que vos guste esta homenaxe.

=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=
O seguinte foi escrito pouco despois do meu arresto...

                         \/\A conciencia dun Hacker/\/

                                      by
                                      
                               +++The Mentor+++
                           (traducido por Hackliza)

                        Escrito o 8 de Xaneiro do 1986
=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=-=

        Outro foi capturado hoxe, está en todos os xornais. "Adolescente
arrestado por delincuencia informática", "Hacker arrestado tras roubo nun 
banco"...
        Malditos nenos. Son todos iguais.


        Pero algunha vez, na túa psicoloxía de manual e no teu cerebro de 1950,
viches detrás dos ollos dun hacker? Algunha vez te preguntaches
que o motiva, que forzas o xeraron, que o moldeou?
        Son un hacker, entra no meu mundo...
        O meu é un mundo que comeza na escola... Son máis listo que o
resto dos rapaces, esta merda que nos ensinan abúrreme...
        Maldito fracasado. Son todos iguais.

        Estou no insti. É a décimoquinta vez que escoito aos profesores 
explicarme como reducir unha fracción. Xa o pillo. "Non, señor Pereira, non 
lle vou amosar o meu traballo. Fíxeno na miña cabeza..."
        Maldito neno. Probablemente o copiou. Son todos iguais.

        Descubrín algo hoxe. Atopei un ordenador. Agarda un segundo, isto
mola. Fai o que quero que faga. Se comete un erro, é porque eu a caguei. Non
porque non lle guste...
                Ou se sinta amenazado por min...
                Ou pense que son un listillo...
                Ou non lle gusta ensinar e non debería estar aquí...
        Maldito neno. Todo o que fai é xogar. Son todos iguais.

        E entón ocurriu... abríuse unha porta a un mundo... movéndose a través 
da liña telefónica como heroína a través das veas dun adicto, envíase un pulso
electrónico, un refuxio ás incompetencias cotiás... atopei un salvavidas.

        "Isto é... isto é a onde pertenzo... "
        Coñezo a todos aquí... inda que non quedei con eles, nunca falei con
eles, tal vez nunca os volva a ver... Coñezovos a todos...
        Maldito neno. Enganchado a liña telefónica outra vez. Son todos iguais...

        Podes apostar o cú a que somos todos iguais... déronnos comida de bebé
con culler na escola cando nos queriamos bistec... as migallas da carne que
deixastedes escapar estaban mascadas e insípidas. Fomos dominados por sádicos, 
ou ignorados por apáticos. Os poucos que teñan algo que ensinarnos atoparán
pupilos dispostos, pero eses poucos son como gotas no deserto.

        Este é o noso mundo agora... o mundo do electrón e do switch, a
beleza do baudio. Facemos uso dun servizo sen pagar polo que podería ser 
barato se non fose por glotós especuladores, e vos chamádesnos criminais.
Exploramos... e vos chamádesnos criminais. Buscamos máis alá do coñecemento... 
e vos chamádesnos criminais. Existimos sen cor de pel, sen nacionalidade, sen
sesgos relixiosos... e vos chamádesnos criminais. Vos creades bombas atómicas, 
vos facedes guerras, vos matades, enganades, mentídesnos e tratades de facernos 
crer que é polo noso ben, pero nos somos os criminais.

        Sí, son un criminal. Meu crime é a curiosidade. Meu crime é xulgar á 
xente polo que din e pensan, non polo que parecen. Meu crime é ser máis 
intelixente ca vos, algo que nunca me perdoaredes.

        Son un hacker, e iste é o meu manifesto. Podes deter a este individuo,
mais non podes deternos a todos... despois de todo, somos todos iguais.

                               +++The Mentor+++
comments powered by Disqus